Actualidade

Clásicos universais

Algunha vez te preguntaches por que os clásicos universais non pasan de moda e sempre recorremos a eles? Pois aquí van as 14 razóns que o escritor Italo Calvino daba para lelos:

  1. Os clásicos son eses libros dos cales se adoita oír dicir: «Estou relendo…» e nunca «Estou lendo…».
  2. Chámaselles clásicos aos libros que constitúen unha riqueza para quen os leu e amou, pero que constitúen unha riqueza non menor para quen reserva a sorte de lelos por vez primeira nas mellores condicións para saborealos.
  3. Os clásicos son libros que exercen unha influencia particular xa sexa cando se impoñen por inesquecibles, xa sexa cando se agochan nas dobras da memoria mimetizándose co inconsciente colectivo ou individual.
  4. Toda relectura dun clásico é unha lectura de descubrimento coma a primeira.
  5. Toda lectura dun clásico é en realidade unha relectura.
  6. Un clásico é un libro que nunca termina de dicir o que ten que dicir.
  7. Os clásicos son eses libros que nos chegan traendo impresa a pegada das lecturas que precederon a nosa, e tras de si a pegada que deixaron na cultura ou nas culturas que atravesaron (ou máis simplemente, na linguaxe ou nos costumes).
  8. Un clásico é unha obra que suscita un incesante po de discursos críticos, pero que a obra sacode continuamente de enriba.
  9. Os clásicos son libros que canto máis cre un coñecelos de oída, máis novos, inesperados, inéditos resultan ao lelos de verdade.
  10. Chámaselle clásico a un libro que se configura como equivalente do universo, a semellanza dos antigos talismáns.
  11. O teu clásico é aquel que non pode serche indiferente e que che serve para definirte a ti mesmo en relación e quizais en contraste con el.
  12. Un clásico é un libro que está antes ca outros clásicos; pero quen lese primeiro os outros e despois le aquel, recoñece enseguida o seu lugar na xenealoxía.
  13. É clásico o que tende a relegar a actualidade a categoría de ruído de fondo, pero ao mesmo tempo non pode prescindir dese ruído de fondo.
  14. É clásico o que persiste como ruído de fondo incluso alí onde a actualidade máis incompatible se impón.

E agora que xa sabes por que non os podes perder, atréveste cos clásicos universais de Oqueleo? Veña, Aventúrate