Actualidade

Cinco beneficios de ler novela gráfica e cómic

Hoxe en día son moitos e moitas os lectores de novela gráfica. E cada vez máis novos!

Por se non o sabías a novela gráfica ou cómic poden ser un fermoso xeito de achegarse á lectura e por iso che contamos algúns dos beneficios:

1. Fomentan o hábito da lectura e xeran confianza nos primeiros lectores. Tanto se están aínda silabando ou tardan moito en ler unha páxina, para moitos resulta un estímulo poder avanzar e non ter que enfrontarse a unha páxina completa de texto. Sobre todo, para aqueles nenos e nenas que dan o salto dos libros ilustrados á narrativa continua.

2. Desenvolve a comprensión lectora e mellora o vocabulario. as viñetas axudan a recoñecer as emocións dos personaxes, a interpretar a linguaxe non verbal, pero tamén axuda a adquirir novo vocabulario, xa que as ilustracións permiten asociar a palabra co seu significado rapidamente.

3. Estimulan a creatividade e a imaxinación. Os seus personaxes e historias desenvólvense nun espazo sen límites para a imaxinación onde os lectores poden crear as propias historias.

4. Facilita a lectura en familia. os cómics e as novelas gráficas non teñen idade. As mesmas historietas que gozamos de pequenas gozarémolas de adultas xunto cos nosos fillos e fillas. Moitas novelas gráficas están dirixidas a un público tan amplo que se poden gozar con 7, 18 ou 48 anos.

5. Promove a aprendizaxe de temas concretos. A novela gráfica abrangue moitos temas; a historia a través dos personaxes, a ciencia mediante a fantasía ou a novela clásica universal.

Desde aquí convidámoste a aventurarte nos cómics e gozar deles.