Actualidade
09-08-2019
Choiva de estrelas 2019
Chega a noite máis importante do ano para quen sempre ten a mirada nas estrelas. Na madrugada do 11 ao 12 e do 12 ao 13 de agosto acadarán o máximo de actividade as Perseidas, que, aínda que van estar presentes ata o 24 de agosto, será nos días mencionados cando poderemos ter a oportunidade de pedirlles un desexo cada dous minutos, xa que se calcula que cruzarán o ceo arredor de 100 meteoros por hora.
As Perseidas tamén son coñecidas como bágoas de san Lourenzo. Reciben este nome porque, segundo conta a lenda, os romanos viron como o ceo se botaba a chorar mentres queimaban o santo despois de torturalo.
Se te animas a madrugar ou a trasnoitar, lembra que a mellor hora é xusto antes do amencer. Dámosche algúns consellos para ver a choiva de estrelas:
- Non é necesario equipo astronómico ningún
- Leva roupa de abrigo
- Busca un lugar con pouca contaminación lumínica e sen nubes
- Observa un único punto do ceo durante, polo menos, 15 minutos
Vive con máis intensidade estes momentos máxicos compartíndoos coas túas amigas e amigos, mesmo podedes acudir a algún observatorio ou instituto astrofísico próximo á vosa localidade. Seguro que prepararon un montón de actividades para celebrar este acontecemento.
Confía en que os teus desexos se farán realidade, a lectura de O contador de estrelas hacho lembrar.