Actualidade
26-09-2023
Búscase saúde
O Día Internacional da Saúde Medioambiental é de vital importancia. Explicámosche por que nunha soa liña: esta data está orientada a garantir a sostibilidade dos ecosistemas, en pro da saúde das xeracións actuais e futuras. Así mesmo, preténdese concienciar a poboación mundial sobre a importancia de coidar o noso planeta, os seus recursos naturais e as especies que habitan nel.
Algúns dos factores ambientais que inciden na saúde pública son os seguintes:
-
Radiacións electromagnéticas non ionizantes: alteracións físicas e patolóxicas.
-
Contaminación sónica: problemas auditivos.
-
Cambios meteorolóxicos ou estacionais: alerxias, arrefriados respiratorios, reumatismos, anxina de peito.
-
Cambios de humidade: deshidratación, lesións cutáneas.
-
Material particulado: silicose pulmonar, enfisema pulmonar.
-
Exposición a radiacións ultravioleta: danos oculares.
-
Virus, bacterias e outros microorganismos: enfermidades infectocontaxiosas.
Sóache Ecolectores? Pois non é nin máis nin menos ca a campaña de Oqueleo para favorecer a sostibilidade. Podes acceder a todos os materiais na pestana de Zona docentes
Novas relacionadas
21-10-2021