Actualidade

Atados ás redes sociais

"Hai dúas industrias que lles chaman aos clientes usuarios: a das drogas ilegais e a do software". A frase aparece nun dos momentos máis comentados do documental «O dilema das redes sociais».

Hoxe en día é difícil atopar unha persoa que non teña un perfil nas redes sociais e comparta o día a día con miles de persoas. A raza humana é social por natureza, como dixo Aristóteles, por iso non é de non é de estrañar que se crearan ferramentas deste estilo para establecer conexións. Con todo, o impacto transcendeu a comunicación tradicional.

Coma todo na vida, hai unha serie de pros e contras e todo dependerá do uso que lle deamos cada un.

-          Permíteche coñecer a un maior número de persoas.

-          Son unha forma de comunicación instantánea.

-          Podes acceder a contidos que mellorarán a túa vida: receitas, exercicios, trucos, recomendacións, etc.

-          Proporcionan noticias en tempo real.

Lamentablemente, moitos destes beneficios poden virar e, o que é aínda máis importante, as redes sociais poden crear adicción. Os seus algoritmos e funcionalidades foron creados baixo estratexias para manipular emocións e comportamentos, e manter conectados os usuarios.

Na actualidade, moitos estudos e novelas xuvenís abordan estas cuestións para fomentar o espírito crítico e levar á reflexión. Nunca está demais falalo e tratar de manter un bo hábito nas redes.