Actualidade

Aceptar e escoitar

Día Internacional para a Tolerancia

A tolerancia é a capacidade de aceptar e escoitar as demais persoas con respecto e consideración. Nin indulxencia nin indiferenza: respecto.

Aínda que vivimos tempos en que as diferenzas son cada vez máis visibles, a intolerancia é cada vez maior. Para que isto non suceda, debemos educar na loita contra estas formas de exclusión e axudar ás mozas e aos mozos a desenvolver unha actitude independente e un comportamento ético. A diversidade nunca debe ser considerada unha fonte de conflito senón unha riqueza valorada por todas e todos.

Un bo exemplo de loita contra a intolerancia é o rapeiro L-Fresh The Lion, quen sabe por propia experiencia o que significa ter que superar barreiras de intransixencia e incomprensión. El e mais os seus compañeiros de escena decidiron poñer en marcha un evento en Nova York, en que figuras destacadas do hip-hop utilizan a plataforma de vídeo para difundir mensaxes de tolerancia.

Somos o que escoitamos, somos o resumo dos nosos actos, somos o que lemos.

Son Oqueleo