Actualidade
02-04-2021
A música das palabras
Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.
As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros cantores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!
As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
ruído de cascos e bater de ás,
fábulas antigas e novas,
ficticias e reais.
Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara a unha nova terra
e unha lingua estraña, os contos e poemas
perténcenche.
Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de esperanza.
Margarita Engle