Actualidade

A lectura únenos. O respecto fainos mellores

Aproveitar a diversidade lingüística da aula para estimular a reflexión interlingüística favorece a elaboración de conceptos gramaticais e o desenvolvemento de actitudes de recoñecemento e respecto polas linguas familiares do alumnado. Pon en valor, ademais, eses saberes que na escola ás veces non están presentes.

Por esta razón animámoste a que aplaudas e respectes a diversidade lingüística como símbolo da riqueza cultural do país. En Oqueleo, o selo en lingua galega, Begiko en éuscaro e Jollibre en catalán e valenciano, saben ben o que significa.

Hai unha cousa que nos une a todas e todos: a lectura.

Visita os nosos sitios web autonómicos e colabora para que non se extinga a diversidade lingüística que nos enriquece a todos e todas.