Actualidade
20-11-2019
60º Aniversario da Declaración dos Dereitos da Infancia
A Declaración dos Dereitos da Infancia establece os dez principios seguintes:
1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a ter unha protección especial para o desenvolvemento físico, mental e social das nenas e nenos en condicións de liberdade e dignidade.
3. Dereito a un nome e a unha nacionalidade desde o seu nacemento.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.
5. Dereito a unha educación e a un tratamento especial para aquelas nenas e nenos que sofren algunha discapacidade mental ou física.
6. Dereito á comprensión e ao amor da familia e da sociedade.
7. Dereito a actividades recreativas e a unha educación gratuíta.
8. Dereito a estar entre as primeiras ou primeiros en recibir axuda en calquera circunstancia.
9. Dereito á protección contra calquera forma de abandono, crueldade e explotación.
10. Dereito a criarse cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.
Propoñémosvos unha serie de lecturas que convidan a reflexionar sobre a importancia da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia.