Actualidade

50 Aniversario de "Rebeldes"

En 2017 cúmprense 50 anos da publicación de Rebeldes, a novela que revolucionou a literatura e a cultura xuvenís. Con motivo deste aniversario, Oqueleo invítate a participar desta conmovedora e inesquecible aventura sobre compañeirismo e superación.

A obra foi escrita a finais da década de 1960 por unha adolescente que aínda non se graduara do colexio, e nas últimas cinco décadas converteuse na novela xuvenil máis vendida da historia.

Con Rebeldes, Susan E. Hinton quixo dar voz ao tipo de historias que ela buscaba sen éxito nas librarías: historias para adolescentes que reflectisen fielmente a súa realidade. Para isto, os personaxes creados eran xente nova que se afastaban dos estándares de perfección impostos polos adultos e que reflectían o medo e a angustia que sentían, e aínda senten, os adolescentes. Deste xeito, Hinton logrou dar azos a toda unha xeración para reclamar historias que tratasen sobre a súa vida e os seus problemas cotiáns.

50 anos despois da súa publicación, Rebeldes consolidouse como un clásico atemporal da literatura xuvenil, que continúa emocionando por igual a lectores de todo o mundo. Animámoste a gozar con nós das marabillosas ensinanzas que poboan as páxinas desta novela e que xa atraparon a miles de persoas.

Descubre con Oqueleo a novela que todo adolescente debería ler!