Actualidade
22-11-2023
5 trucos para facer un bo rap
As letras son esenciais en calquera xénero, pero especialmente no rap a letra, o ritmo e a rima van da man.
Que non sabes rapear? Por sorte, creamos una guía paso a paso. Anota:
- Para escribir algo impactante, terás que escribir sobre algo que coñezas. Os raps baséanse nas rimas, experimenta con elas e improvisa. Non esquezas gravar o que escribes e o ritmo con que o cantas. As musas e a memoria ás veces abandónannos.
- Elaborar un gancho convincente, esta será a parte da canción coa que quede o oínte. Normalmente no retrouso dunha canción expresar o tema xeral dela.
- Traballar o ritmo. Grávate rapeando ao ritmo da canción. Volve escoitalo e pensa en que letras tes que pronunciar máis e onde podes poñer a énfase para mellorar o teu fluxo.
- Se algunha vez te sentes falto de inspiración, mira cara a outros artistas. Todos os grandes artistas aprenden dos que os precederon. Que ten a letra de a canción que é tan impactante? Como funciona a melodía do gancho co resto da canción? Que rimas che chamaron máis a atención?
- Rap It Up! O mellor xeito de converterse nun gran rapeiro é escribir unha canción, ¡e despois escribir máis!
Agardamos que esta guía che facilite a tarefa de escribir a túa propia canción de rap. Lembra que a práctica fai a perfección.
E ten en conta que non só podes pasalo ben senón que podes aprender a ritmo de rap. Agora, ademais, hai moitos mozos e mozas que rapean en galego e que están ben recoñecidos no panorama musical. Investiga o proxecto das regueifas nos centros educativos e é que... hai materia!