Actualidade

10 cousas que non sabías dos robots

Un dos temas máis apaixonantes dentro do mundo da tecnoloxía é o relacionado coa robótica por iso quedou plasmado nunha morea de películas e libros.  Por iso vos imos mostrar 10 curiosidades que quizais non sabedes. Atención!

  1. O termo robot derívase da palabra checa «robota», que significa «traballo forzoso». Emprégaa por primeira vez o escritor de ciencia ficción Karel Čapek para designar unhas máquinas pensantes que se sublevan e terminan por matar o seu creador.
  2. Xa o visionario de Leonardo da Vinci deseñou algúns bosquexos dunha máquina acoirazada con forma humanoide. Unha versión en miniatura e máis funcional foi construída pola NASA para axudar á futura colonización en Marte.
  3. Isaac Asimov foi o escritor que máis escribiu sobre robots nas súas novelas. Proba diso é a súa serie A fundación que permitiu unha socioloxía preditiva.
  4. O primeiro robot humanoide chamouse Elektro e construíuse en 1939. Era unha máquina de dous metros que contaba cunha gravación de 700 palabras para que o artefacto simulase que establecía unha conversación.
  5. O Bristol Robotics Laboratory desenvolveu robots que axenciaban o seu propio alimento. Trátase de artefactos que utilizan pilas de combustible cuxa fonte provén de bacterias presentes en mazás podres e moscas mortas. OMG!
  6. Investigadores chineses desenvolveron unha pel robótica capaz de sentir coma a dos humanos. Trátase dunha pel con sensores que detecta a presión e o pulso de forma semellante á nosa.
  7. Sabías que se logrou conectar o sistema nervioso humano cos sistemas automatizados? O científico Kevin Warwick implantou el mesmo chips de computadora no brazo esquerdo e pode operar, a control remoto, portas e outros artefactos.
  8. O robot ASIMO é capaz de aprender coma un neno. Pode correr, lanzar unha pelota, danzar, realizar movementos fluídos e incluso soster unha conversa.
  9. Rolls-Royce deseñou e desenvolveu pequenos robots cascuda que poden desprazarse polos motores dos avións. A misión destes mini robots é axudar a previr e detectar alteracións no funcionamento das aeronaves.
  10. O fundador do Instituto de Robótica da Universidade de Carnegie Mellons, Hans Moravec, predixo que para o ano 2040 os robots se independizarán do ser humano e que poderían substituír o ser humano en moitas tarefas.