Actualidade
25-03-2022
10 actos de consumo responsable e sostible
Se te preguntas como podes apoiar o consumo responsable, como reducir a pegada ecolóxica, que son os produtos de baixo impacto, cando un consumo é responsable coa sociedade etc. aquí podes atopar algúns consellos prácticos para aplicalos na túa vida cotiá.
- Non malgastes auga innecesariamente na ducha, fregando ou tirando da cisterna a modo de papeleira.
- Se podes ir a pé ou na bicicleta non só axudarás o planeta.
- Reutiliza, repara, recicla e separa os teus residuos.
- Escolle alimentos locais e de temporada. Xeran emprego e reducen emisións.
- Evita usar bolsas de plástico. Leva canda ti unha bolsa reutilizable sempre.
- Compra a granel. Non compres produtos que xeren residuos innecesarios.
- Non compres produtos que durante a súa produción contaminen excesivamente e teñan impactos nocivos co medio.
- Apoia o comercio de barrio e xusto, que respecten os dereitos da infancia e das mulleres.
- Escolle tecnoloxía sen obsolescencia programada.
- Non escatimes en cultura local, favorecerás postos de traballo e darás vida a unha das mellores herdanzas da humanidade.
Cantas máis decisións de consumo positivas tomemos hoxe, menos problemas ambientais deberemos reverter mañá. Xa o sabes, dixémolo moitas veces: sementa a semente do cambio.
Somos Ecolectores.
Novas relacionadas
21-10-2021
26-01-2021