Cristina Prieto Solano é coñecida en redes como Nana Literaria. Publicou o seu primeiro libro con 15 anos e agora mesmo conta con 13 publicacións. Traballou como redactora, como scout e lectora editorial, e crea moito contido en redes sociais sobre libros e escritura. É unha bookstagramer e booktoker activa e encántalle moderar e presentar eventos de literatura romántica e xuvenil en Madrid (ou onde a conviden, vaia).