Naceu en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950. É pedagoga, mestra e escritora en lingua galega. Desde o comenzo da súa actividade, escribiu libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.

Aos 10 anos comezou os estudos na escola local e, co tempo, trasladouse a Ferrol para cursar Bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor docente empezou na Escola de Nemiña (Muxía). Logo pasou ás localidades do Ézaro (Dumbría) e Brens (Cee), onde impartiu clases de lingua e literatura galegas no IES Agra de Raíces e no CPI Eugenio López.

É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria, e das respectivas guías didácticas. Foi correspondente de prensa durante varios anos, en colaboración cos seus alumnos, en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de lingua galega e proxectos de formación do profesorado.

Obra

Literatura Infantil - Xuvenil

Contos prá escola, Edicións do Castro, 1981.

O Planeta ceboleiro, Edicións do Castro, 1982.

Os habitantes de Nepecifonilandia, Edicións do Castro, 1983.

Chuchamel, Edicións do Castro, 1988.

O noso Pepe, Edicións do Castro, 1988.

¿Andrómenas?, Editorial SM, 1989.

A misteriosa montaña de Pena Negra, Editorial Maxisterio-Casals, 1991.

A vaca titiriteira, Editorial Bruño, 1991.

O milagre de Carola, Edicións do Castro, 1992.

A papoula era máxica, Edicións do Castro, 1994.

A camioneta da media risa, Editorial Bruño, 1995.

Marcelo non me toma o pelo, Sotelo Blanco Edicións, 1995.

A Disco Ecoloxista, Edicións do Cumio, 1995.

A Maxia da Bóla Metálica e outros contos, Edicións do Cumio, 1995.

O vestido de Cora, Sotelo Blanco Edicións, 1996.

As loucas vacacións dunha formiga, Editorial Bruño, 1996.

O aniversario de Ana, Alfaguara - Obradoiro, 1997.

A aventura das cores, Edicións Xerais, 1998.

¡A min que me importa!, Editorial Bruño, 1999.

A casa de cartón, Editorial Everest Galicia, 2000.

Querido Iván, Editorial Everest Galicia, 2000.

Quero que veñan meus pais, Editorial Casals, 2000.

Estela, a domadora de ras, Editorial Ir Indo, 2002.

Bianca, Ed. Dixital, 2003.

Boris, Editorial Galaxia, 2004.

Boris e compañía, Editorial Galaxia, 2005.

Poemas para pintar, Sotelo Blanco Edicións, 2006.

Tita, Editorial Everest Galicia, 2006.

Cantos da rula, Edicións do Castro, 2008.

Encontros ás agachadas, Deputación de Ourense, 2009.

Os poderes máxicos de Aitema, Editorial Galaxia, 2010.

Luces, bicos e cores, Edicións Embora, 2012.

Misterio resolto, Editorial Everest Galicia, 2012.

Catuxa quere saber, Editorial Everest Galicia, 2012.

Catuxa quere saber máis, Editorial Everest Galicia, 2013.

Cos ollos do avó, Edicións Embora, 2014.

As noites de Xián, Edicións Xerais, 2014.

A pantufla de Celia, Hércules de Ediciones, 2015.

Do re mi fantasía, Bolanda, 2016.

A bruxiña da sorte, Edicións Obradoiro (col. Oqueleo), 2017.

Narrativa

Berta non soubo voar, Editorial Pentalfa, 1995.

Berta, Editorial Ir Indo, 2001.

Sara, Editorial Casals, 2004.

“Habitación” 202, Editorial Everest Galicia, 2008.

Nano, Editorial Everest Galicia, 2008.

Coa carauta posta, Toxosoutos, 2009.

O balcón do meu universo, Edicións Embora, 2015.

Materiais didácticos

Cousiñas prá escola, Edicións do Castro, 1984.

Libros de texto e guías didácticas

Herdanza 5 (coautora-coordinadora), Lingua Galega, 5º de Primaria (libro de texto e guía didáctica), Editorial Bruño, 1994.

Herdanza 6 (coautora-coordinadora), Lingua Galega, 6º de Primaria (libro de texto e guía didáctica), Editorial Bruño, 1995.

Outeiro 6 (coautora e asesora científica), Coñecemento do medio, 6º de Primaria (libro de texto e guía didáctica), Editorial Bruño, 1995

Lingua Galega e Literatura 1º ESO (coautora-coordinadora; libro de texto e guía didáctica), Editorial Bruño, 1996.

Lingua Galega e Literatura 2º ESO (coautora-coordinadora; libro de texto e guía didáctica), Editorial Bruño, 1997.

Unidades Didácticas colgadas na Rede da AELG.

Experiencia didáctica colgada na Rede da AELG.

Obras colectivas

8 contos, Xunta de Galicia, 1989.

E dixo o Corvo..., Xunta de Galicia, 1997.

Nós, Batallón Literario da Costa da Morte, 1997.

Rumbo ás illas, Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte

Branco/Asociación Neria), 1997.

O trasno rebuldeiro, Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte, 1997.

Deixade pois que voe o Paporroibo, que nos conte contos, 1999.

Catro contos para unha data, Xunta de Galicia, 2004.

A Coruña á luz das letras, Editorial Trifolium, 2008.

Lecturas de aquí e acolá.

Ditos sobre o libro e a lectura, Concello da Coruña, 2009.

Cartas a Balbino: homenaxe a Xosé Neira Vilas, Xunta de Galicia, 2011.

Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (libro electrónico), Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2011.

O libro dos Reis Magos, Xunta de Galicia, 2012.

Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, Toxosoutos, 2013.

Será correcto?, con María Canosa, Hércules de Ediciones, 2016.

Traducións

As tres xemelgas. Imaxinario. O meu primeiro dicionario de imaxes. Galego-Inglés, Editorial Bruño, 2006.

Obras traducidas

¡A mí qué me importa!, Editorial Bruño, 1999.

La vaca titiritera, Editorial Bruño, 2009.

Premios

Terceiro premio do concurso nacional de contos infantís O Facho, no 1982, pol’O planeta ceboleiro.

Terceiro premio do concurso nacional de contos infantís O Facho, no 1983, pol’Os habitantes de Nepecifonilandia.

Segundo premio do Premio Barco de Vapor, en 1988, por ¿Andrómenas?

Terceiro premio da Agrupación Cultural O Facho, en 1991, pol’A vaca titiriteira.

Tres veces finalista do Premio Merlín (1996, 1999 e 2003).

Accésit do Premio Lazarillo, en 1997, por ¡A min que me importa!

Premio Lecturas de GÁLIX no 2002.

Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, en 2007, por “Habitación” 202.

IV Premio Arume de poesía para nenos, en 2008, por Cantos da rula.

Premio Frei Martín Sarmiento, en 2008, por Poemas para pintar.

VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, en 2008, por Encontros ás agachadas.

Finalista Premio Frei Martín Sarmiento, en 2010, coa obra “Habitación” 202.

Premio do certame poético Anduriña voandeira, convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi (2014), pol’A mentira é un tirizó.